Tradición, honor, patria, bandeira. Palabras, so palabras. Palabras enchidas dun compoñente cultural, de lealdade sinxela ás veces. Pero que adquire unha dimensión diferente, case mística, de apostolado, cando se trata de defender o lugar de nacenza. Así nace o nacionalismo auténtico, aquel que defende dentro da diversidade ó pequeno, o seu, o auténtico, un anaco de terra que forma parte da súa historia, de nos.
Cando ese especial amor que dá sentido ás nosas vidas se saca de contexto, aparece o radicalismo, o fundamentalismo extremo, o totalitarismo violento, o fanatismo, aquel que antepón a lingua, a relixión, ou o patria á propia vida.
Forte é o amor á terra, ás costumes, ás tradicións. Pero máis forte é, o fanatismo, capaz, non so de ofrendar a propia vida, senón a dos máis achegados, máis queridos pra salvar a (causa.) Capaz de matar aos que día a día xogan a vida pra asegurar o alimento diário da poboación sen esperar nada a cambio. Así foi o atentado que segou a vida de varios cooperante en Afganistán. Porque outro radical defensor doutro deus, queimou un libro sagrado cheo de palabras, só palabras, o Corán.
Imposible entender, só encollerse ante as diferente formas de concibir o mundo, ante o complexidade das cabezas humanas. Comentaba unha amiga neste humilde recuncho ( a maldade circula pola sangue das xentes) é difícil e penoso admitir esta derrotista idea, pero nestes casos, non queda máis remedio que polo menos, por en dúbida o que ó parecer nos diferenza do resto dos animais, a lucidez.

É curioso o das verbas, os papeis de ETA convertíronse en "actas" porque o periódico "o mundo" o denominou así para os seus intereses. Manipúlannos sen remedio e a nosa inconsciencia chega a unhos límites que sobrepasa o que tu chamas lucidez. Bicos