pra quen corresponda
mamotreto en Chandrexa de Queixa
Dende lonxe, cando o viaxeiro se atopa de fronte o cartel co nome do concello e sente ante si a inmensidade do macizo central ourensá, o primeiro que chama a atención na parte máis alta do pobo é, esta morea de ladrillos que dende fai doce anos preside a paisaxe. Restos da prepotencia do ex presidente Fraga cando chegaban moreas de cartos europeos ás nosas arcas, daquela, pensábase en inverter en poder nos concellos que como este, eran e seguen sendo propiedade dos seus.
Agora, dende fai doce anos, preséntase cada campaña electoral polo alcalde que leva vinte anos gobernando, como obra a rematar nos catro seguintes anos; e mentres que abusando da voa fe das xentes da aldea se vai perpetuando ano tras ano no poder, sen mover un dedo en xestionar o que parece -inxestionable- comeza a obra a se desmoronar polas inclemencias do duro tempo na montaña, máis o ácido do esterco que moreas de pombas o colleron en propiedade.
Centos de miles de euros, que ademais de ser malgastados nunha obra sen futuro, serven pra unha e outra vez, enganar aos maiores que necesitan un lugar onde pasar os derradeiros anos. Cando alguén acode ó concello na procura de información, é o noso alcalde o que amablemente, e despois de votarlle a mal poro lombo lle di: espera seis meses e xa terás unha praza nesta residencia, porque agora xa témolos cartos: despois, en tempos de novas eleccións, mándaselles un taxi alí onde foron atopar un lugar ou axudáselles pra que voten por correo.
Así segue sendo esta nosa Galiza do rural, sinxela e acolledora, aberta a comprender as patrañas que os caciques de turno lles conten, de boa fe. Esperando - de quen corresponda- que se tome a mellor decisión, a posible, pra rematar ou destruír este mamotreto que continuamente insulta á paisaxe, e sobre todo, que deixe de formar parte dunhas propostas electorais que comezan a cheirar a tomadura de pelo.


laguntsa dijo
Novas eleccións, vellos rebotes... como di a canción "todo sigue igual" pero a nosa enerxía para protestar sigue intacta, non se acaba tan facilmente cos cabezotas... Bikiños
22 Abril 2011 | 01:27 PM